miércoles, 30 de mayo de 2012


Bo día!, reenvíovos do anuncio do II Roteiro Alexandre Bóveda:
 
venres 1 de Xuño a partir das 22.00 horas convocamos o segundo roteiro dedicado a Alexandre Bóveda.
 
Xuntámonos na rúa do paseo fronte a antiga Ibense.
 
Será un roteiro lúdico, cultural e participativo rematando ás 23.45h fronte a casa natal de Bóveda na rúa da Barreira. ...Contamos contigo.
 
Participa!

Comisión Organizadora Aberta
Fundación Alexandre Bóveda, Asociacion Xuvenil Amencer, Anacos da Cidade, Agrupación Cultural Auriense, Fundación Vicente Risco, Gremio Literauria, Irmandiños de Seixalvo, Queremos Galego, Asociación de Escritores en Lingua Galega 

martes, 22 de mayo de 2012

Dicionario de pronuncia da lingua galega


Dicionario de pronuncia da lingua galega xa está dispoñible na rede para consulta aberta de todos os usuarios e usuarias de internet. A Secretaría Xeral de Política Lingüística contribuíu á realización desta ferramenta en liña que propón un modelo de pronuncia estándar para o galego. Este novo recurso baséase na información fonética do Dicionario de pronuncia da lingua galega, do profesor Xosé Luís Regueira, publicado pola Real Academia Galega en 2010 no marco dun proxecto desenvolvido polo Instituto da Lingua Galega, da Universidade de Santiago de Compostela.
Ademais da transcrición fonética que se ofrece nesta publicación, a versión electrónica do dicionario permite escoitar 60.000 pronuncias do léxico común galego na súa variedade estándar, que foron gravadas coa colaboración da Compañía de Radio/Televisión de Galicia (CRTVG).
Os obxectivos prioritarios deste novo dicionario en liña son facilitarlles a aprendizaxe ás persoas que estudan galego e, por outra, ofrecerlles un modelo oral de referencia e de consulta aos profesionais que traballan coa lingua falada, como é o caso de xornalistas, dobradores, profesorado etc. 

lunes, 21 de mayo de 2012

Dicionario en liña da Real academia galega

http://www.realacademiagalega.org/dicionario#inicio.do
http://www.dioivo.eu/creacion/722-de-navia-ata-ao-brasil-o-mapa-do-idioma-segundo-paz-andrade
Unha referencia interesante.
Ola a todos e a todas! Dámosvos a benvida a este novo espazo.
Neste recuncho a nosa lingua é a única ferramenta para o noso traballo.
Aquí teredes información de actividades relacionadas coa nosa lingua e a súa normalización, novas relacionadas coa nosa lingua e a nosa cultura. Tamén irán aparecendo enlaces que vos serán de axuda cando precisedes facer as máis variadas consultas destes temas.
Outra liña de actuación deste blogg é solventar as dúbidas que teñades para realizar calquera tipo de documento en galego.
Este servizo quere ser unha ferramenta útil e de referencia nas dúbidas que vos poidan xurdir.
Vémonos polo camiño!
Un saúdo!